Nesta terceira edición de Piano-Pón contaremos cos profesores do Conservatorio
Ernesto Gancedo e José Manuel Campello, e virá para facer uns obradoiros de piano colectivo
a pianista Nuria Díaz.
O horario será de 10 a 14 horas.
Nuria Díaz
Naceu en Vigo e comezou os seus estudios de música no Conservatorio de Ferrol. Posteriormente continuou
no Conservatorio Superior da Coruña, recibindo clases da profesora Jannette Romero. No ano 1998 rematou o
Grao Superior de piano no Conservatorio Padre Soler de San Lorenzo de El Escorial, baixo a dirección de Anatoli Povzoun.
É tamén titulada superior de Solfexo, Teoría da Música e Acompañamento e Música de Cámara.
Participou en numerosos cursos e clases maxistrais, con pianistas e pedagogos como: Férenc Rados, Joaquín Achúcarro,
Badura-Skoda, Josep Colom, Manuel Carra e Stanislav Pochekin, entre outros. Actualmente completa a súa formación
coa pianista Carmen Deleito.
En 1995 recibiu o segundo premio no concurso internacional de piano Principado de Andorra. En 2001 foi finalista no concurso
Amics de la música de Alcoy. Foi pianista acompañante no Real Conservatorio de Danza de Madrid. Agora desenvolve
a súa laboura docente como profesora e pianista acompañante no Conservatorio Profesional de Música
da Coruña.