Nesta cuarta edición de Percu-Són contaremos de novo con Ignacio Sanz, profesor de percusión
do Conservatorio.
O horario será de 10 a 14 horas.
Ignacio Sanz Santás
Realiza os seus estudos de percusión no Conservatorio Superior de Música de
A Coruña, finalizando co Concerto de Fin de Carreira, no que obtén Matrícula
de Honra. Completa a sua formación no C. E. Neopercusión (Madrid) e con
numerosos cursos impartidos por profesores como She-e-wu, M. Bernat, P.
Spiesser, J. Rubio, F. Palacios, M. Wither, A. Morales e E. Muñoz. Durante
o presente ano asistiu ó curso de interpretación da Universidade de Alcalá
de Henares impartido polo prestixioso profesor J. Guillem.
Becario da Escola de Altos Estudios Musicais, colaborou con agrupacións como
a EPO da OSG, a Orquestra de Cámara Galega e Coruña Ensemle Instrumental.
Ten gravacións co Ensemble Contemporáneo, Agrupación Follas Novas e Coruña
Ensemble Instrumental. En decembro de 2006 grava o seu primeiro disco como
solista ao obter o terceiro posto nos Premios á Excelencia Musical
organizados pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza.
Dentro da sua labor como docente foi profesor das escolas de música de
Burela, Arzúa, Oleiros e Narón, sendo dende fai catro anos profesor do
Conservatorio Profesional de As Pontes de García Rodríguez.
Fruto da sua estreita colaboración co mundo teatral, participou en varias
montaxes como actor ou compositor coas compañías Teatro 002, Trompicallo e
Cachirulo. En decembro de 2006 estrea a obra Bolboreta coa compañía
Trompicallo.
En febreiro de 2006 debuta como solista no Teatro Rosalía de Castro de A
Coruña, iniciando así o seu proxecto persoal para a divulgación da
percusión. Continuando coa sua actividade divulgativa organiza concertos,
imparte cursos de verán e compón obras para percusión. Neste eido cabe
destacar a composición e estrea no Parque Experimental Eólico de Sotavento
(Xermade) da Música do Vento en maio de 2006.
Forma parte do duo Intermission e do Kosmik Percussion Quartet.