Presentación Inscrición Iniciación Percu-Són Piano-Pón Charlas
Outro ano máis volvemos a organizar os cursos de verán no Conservatorio Profesional de Música das Pontes en colaboración coa A.PP.AA. 'O Eume'. Este ano contamos con catro cursos:

- A cuarta edición de Percu-Són
- A terceira edición de Piano-Pón
- A terceira edición de Iniciación á música para rapaces
- A primeira edición de Principios elementais da música

A matrícula nestes cursos poderase facer no Conservatorio das Pontes:
Avda. As Veigas s/n, ou ben no teléfono 981 440024, ou ben cubrindo este formulario

A matrícula dos cursos será de 50 euros. Os socios da A.PP.AA. 'O Eume' terán a matrícula gratuita.
O curso de iniciación á música e o de Principios elementais da música serán gratuitos.