Presentación
VI Xornadas Mouras
Sábado 8 de novembro de 2014
Lugar: Local da Asociación “Lembranza da Vila”
Rúa Real, 29 - As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
As Xornadas Mouras queren ser este ano un anticipio da vindeira edición da Cita coa Historia das Pontes. En colaboración coa Asociación Lembranza da Vila e o Grupo Taranis, pretendemos amosar ao público as técnicas empregadas na recreación histórica, en concreto no referente á elaboración de armas e vestimentas medievais.
Pretendemos tamén que o río Eume xogue un papel importante nas vindeiras edicións da Cita coa Historia, é por isto que queremos aprender a construir embarcacións tradicionais que permitan realizar actividades náuticas, nas que nenos e maiores disfruten das augas do río Eume.
En definitiva, unha xornada para coñecernos e compartir ideas, proxectos e iniciativas que axuden a mellorar e pór en valor a cita anual coa nosa Historia.
Inscrición antes do 5 de novembro en: www.amigus.org ou chamando ao 665491312
Prezo de inscrición ao taller de cota de malla: 5 € SOCIOS – 10 € NON SOCIOS
(a ingresar no BANCO SABADELL-GALLEGO conta nº ES07 0081 2286 1700 0604 9619
antes do día 5 de novembro).