Presentación
XORNADAS MOURAS
24 de outubro a partir das 10 h.
Lugar: C.P.I. Monte Caxado – Museo Etnográfico
Rúa Monte Caxado, s/n – As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
As Xornadas Mouras queren ser unha fiestra aberta á actualidade do noso patrimonio cultural. Un punto de encontro entre todas as persoas que dun xeito ou outro senten o patrimonio como algo propio, como algo noso. Unha oportunidade para descubrir o noso territorio: as estruturas, os espazos, os documentos, as tradicións, ... Tamén para coñecer proxectos senlleiros de recuperación e posta en valor.
En definitiva, unha xornada para coñecernos e compartir ideas, proxectos e iniciativas que poden axudar a pór en valor o legado dos nosos devanceiros.
Data límite de inscrición: 21 de outubro