Unha nova edición da amigus-party estase a preparar,
co-organizada de novo co concello das Pontes e
coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA,
Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.
Para asistir á amigus-party verán-2012 debes vir equipado
co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só
enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha
praza onde instalar o teu ordenador, a un enchufe de rede eléctrica
e a outro de rede de datos; o resto deberás traelo ti.
Para que non esquezas nada aquí tes unha pequena listaxe
de cousas imprescindibles:
- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música; OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.
Aparte disto, é recomendable traer:
- Un desparafusador de estrela, para poder abrir o teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de teléfono móbil (se tes teléfono móbil).
Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos
importantes antes de acudir á amigus-party verán-2012, e que instales un antivirus.
Os horarios da amigus-party verán-2012 son os seguintes:
Montaremos o xoves ás 21:00 e a continuación comezaremos a party ate a madrugada. O venres abriremos as portas ás 10:00 da mañá ate a madrugada do domingo, mais se é necesario faremos unha paréntese na noite do venres para logo abrir o sábado ás 10:00 da mañá. O domingo recolleremos ás 12:00 do mediodía.