Unha nova edición da amigus-party se está a preparar,
outra vez co-organizada co Concello das Pontes,
coa colaboración de A.VV. Campeiras ,
Openor, mancomun.org,
o CESGA e
a Consellería de Innovación e Industria
Para asistir á amigus-party semana santa-2007 debes vir equipado
co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só
enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha
praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica
e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti.
Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista
de cousas imprescindibles:
- CPU, monitor, rato, teclado e cables
(moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede
Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
-
Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN
TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.
Aparte disto, é recomendable traer:
- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas
instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).
Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos
importantes antes de acudir a amigus-party semana santa-2007, e que instales
un antivirus.
A duración da amigus-party semana santa-2007 é o seguinte:
Abrimos o xoves día 5 as 12:00 do mediodia ata....
o sábado día 7 as 20:00pm
O prazo de inscripcion remata o 4 de abril , a inscrición pódela
realizar cubrindo este formulario
O venres de 16:00 a 20:00 temos as xornadas sobre software libre. O programa é o seguinte:
16.00 a 17.00: Galinux-Slax
a cargo de Teo Ramírez
- Que é Galinux
- Quen é Galinux
- Para quen é Galinux
- Como se fai Galinux
- Como é Galinux
17.00 a 17.30 pausa/café
17:30 a 20.00 Instalación de sistemas Linux a
cargo de jmpello (www.amigus.org)
- Elección da distribución
- Comprobación da compatibilidade do Hardware
- Métodos de instalación
- Particionamento dos discos
- Configuración do arranque
- Configuración da rede
- Elección dos paquetes a instalar
- Configuración do kernel
- Xestión de usuarios e grupos
- Configuración do sistema gráfico
- Configuración do resto do sistema
20.00 a 20.30 pausa/café
20.30 a 21.30 Obradoiro de instalación dun Linux na PS3 a cargo de jmpello e CyberMODE (www.amigus.org)
- Backup dos contidos da PS3
- Acadar un DVD de instalación (Yellow Dog, Fedora...)
- Proceso de instalación (seguinte > seguinte > seguinte ...)
- Que podemos facer cun Linux nunha PS3
Ademáis, nesta edición da amigus-party temos campionatos de
Warcraft 3 Frouzen Trone, Counter
Strike 1.6 torneo 5 vs 5,
Call of Duty PC vs MAC e campionatos coa Xbox, Nintendo Wii,
e a nova PLAYSTATION 3.
CS 1.6 Torneo 5 vs 5
-MR15 (millor de 15 rondas)
-Elección de bando por sorteo ou pacto entre equipos
-Tempo de ronda 2 minutos e Freezytime 7 segundos.
-Bomba 35 segundos.
-Mapas: de_dust2, de_aztec, de_inferno
En función da xente que se inscriba, o campionato consistirá nunha
primeira fase de grupos y despois eliminatorias directas a dobre mapa.
Call of Duty PC vs MAC
Modo de xogo , a decidir co persoal dispoñible para o partido.
Warcraft 3 Frouzen Trone
Tes as bases a descarga no seguinte enlace
(pdf)