Unha nova edición da amigus-party se está a preparar,
outra vez co-organizada co concello das Pontes,
coa colaboración da Asociación de veciños Vincallo,
Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.
Para asistir á amigus-party semana santa-2014 debes vir equipado
co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só
enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha
praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica
e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti.
Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista
de cousas imprescindibles:
- CPU, monitor, rato, teclado e cables
(moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede
Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
-
Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN
TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.
Aparte disto, é recomendable traer:
- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas
instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).
Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos
importantes antes de acudir a amigus-party semana santa-2014, e que instales un antivirus.
Os horarios da amigus-party semana santa-2014 son os seguintes:
Montaremos o mércores 16 de abril as 21:00 da noite. O xoves empezaremos as 11:00 da maña ata as 03:00 do venres. E de novo as 11:00 do venres ata as 03:00 do sábado. O sábado recolleremos as 11:00 da mañá.