xornadas mouras
xornadas mouras
Palestras
<< Volver
Sábado 8 - 12:30 horas

MESA REDONDA: A musealización dos materiais arqueolóxicos das Pontes

Santiago Vázquez Collazo

Licenciado en Xeografía e Historia, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela (1988). Leva dende o ano 1988 adicado á actividade arqueolóxica, participando, como director ou dentro do equipo técnico, en diversos proxectos relacionados co Patrimonio Cultural.

Realizou varias escavacións nos anos 90 en As Pontes, en concreto nos túmulos de Reboredo e o Grou, así como en diferentes escavacións arqueolóxicas por todo o territorio galego como a vila romana do Cantón Grande na Coruña, a cámara megalítica da Mámoa do Rei en Castiñeiras, o conxunto tumular de Candeán en Vigo ou, en datas máis recentes, o Castelo de Pambre en Palas de Rei.

Asemade participou en diferentes proxectos de posta en valor como o do Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro, a área arqueolóxica dos petroglifos de Tourón ou a área arqueolóxica das gravuras rupestres da Caeira en Poio.

Ten colaborado tamén na redacción de diversos PXOM, en concreto nos concellos da Coruña, Zas, Paderne ou Aranga, así como a elaboración de estudos de impacto patrimonial relacionados coa construcción de diferentes infraestruturas viarias, ferroviarias ou eólicas.

Na actualidade é o responsable da sección de arqueoloxía da empresa Tomos – Arqueoloxía e Restauración, S.L., da que forma parte dende o ano 1994.

<< Volver
xornadas mouras