xornadas mouras
xornadas mouras
Palestras
<< Volver
Sábado 8 - 12:30 horas

MESA REDONDA: A musealización dos materiais arqueolóxicos das Pontes

Felipe Arias Vilas

Licenciado en Filosofía e Letras na Especialidade de Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1971). Foi Premio Extraordinario de Licenciatura coa Tese sobre a Muralla Romana de Lugo. Foi profesor de Historia e Arqueoloxía e bolseiro de investigación na USC (1971-1974). Participou e dirixiu proxectos relacionados coa Prehistoria e a romanización en Galicia, centrando a súa investigación no Castro de Viladonga e no Lugo romano. Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, é xefe da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (CSIC), e promotor do Consello Galego de Museos. Funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos desde 1974, é director do Museo do Castro de Viladonga. Foi Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

É autor de máis de cento setenta publicacións sobre arqueoloxía galega, epigrafía e numismática romanas, museoloxía, patrimonio histórico e etnografía, e ten participado e dirixido numerosas escavacións arqueolóxicas en diferentes depósitos galegos.

<< Volver
xornadas mouras