xornadas mouras
xornadas mouras
Palestras
<< Volver
Sábado 14 - 10:10 horas

Susana Ricart Guillot: A escavación arqueolóxica do xacemento romano do Chamoselo.

Licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidad de Valencia (1986). Especializada dende o ano 1987 en Arqueoloxía subacuática, traballando con Xavier Nieto e Asunción Fernández Izquierdo, leva dende o ano 1992 adicada á arqueoloxía profesional na súa empresa Adóbrica Arqueoloxía S.L.

Ten realizado todo tipo de sondaxes arqueolóxicas, controis e seguementos de obra, e escavacións. Nos anos 90 dirixiu a escavación do xácigo romano do Chamoselo nas Pontes. É tamén especialista en posta en valor e conservación do Patrimonio Cultural.

É autora xunto a outros especialistas de varios artigos e publicacións sobre patrimonio arqueolóxico, etnográfico e industrial.

<< Volver
xornadas mouras