Presentación
II XORNADAS MOURAS
11 de decembro a partir das 10 da mañá
Lugar: Sala de Cine - LAR de Endesa
Poboado das Veigas, s/n – As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Nesta segunda edición das Xornadas Mouras centraremos a atención nun dos elementos máis importantes do patrimonio cultural do territorio: o Camiño dos Arrieiros.
Un elemento cultural senlleiro no noso territorio, emprazado nunha das paisaxes de montaña máis fermosas da nosa xeografía que xa foi estudado e investigado en parte, por especialistas da arqueoloxía galega e arredor do que se manifestan diversas expresións culturais de diferentes épocas.
Unha ruta milenaria, flanqueada por ducias de mámoas, cruces de pedra e antergas construcións que o delimitan ao longo dos seus 53 quilómetros dende As Pontes ata o porto da vila de Vares. Un camiño de ida e volta secular, polo que durante centos de anos trafegaron os arrieiros con variadas mercadorías e ao que deron nome.
Estas II Xornadas Mouras pretenden ser unha oportunidade para coñecer un pouco máis sobre a estrutura desta vía milenaria, os seus elementos de interese, así como as necesidades actuais de cara á súa consolidación e posta en valor definitivas.
Data límite de inscrición: 9 de decembro